BENVIDOS A NOSA WEB
Somos un grupo de familias implicadas en acadar que a experiencia dos nosos fillos e fillas no colexio vaia máis alá do ámbito académico. Traballamos xunto co equipo docente do centro para que o colexio sexa un espazo dinámico e con moitas posibilidades educativas. Temos moitos soños e, coa axuda de todos os socios, traballamos para acadalos.
Entre eses soños está o de transformar o patio nunha zona de ocio e multixogo, ademáis de loitar para que o centro desfrute dunha cociña propia. Dous grandes proxectos cos que estamos totalmente comprometidos.
Ademáis temos o noso cargo dous servizos que permiten ás familias conciliar a vida laboral e familiar, como a organización das actividades extraescolares ou o servizo de madrugadores.
Estamos en contacto permanente co equipo docente, ademais de pertencer ó consello escolar trasladando as inquedanzas das familias e traballando conxuntamente en proxectos para os nosos fillos e fillas.