De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de alleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), a XUNTA ELECTORAL deste centro, en vistude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de elccións ao Consello Escolar, SECTOR DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:
1 – De acordo co disposto no artigo 41 de Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1(un) pai/nai, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros representates de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.
2 – Son electores/as todos os pais e naos ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día sete de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito rezoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 14 de novembro.
3 – Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as leais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do día 15 de novembro.
4 – O sorteo dos membros da mesa electora realizarase en acto úblico, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 16 de novembreo, ás 09:05 horas. Dita mesa electora estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario o de menor idade.
5 – A campaña electora comprendrá dende o 21 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presindente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 26 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6 – Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores/as legais dos alumnos/as matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
7 – As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 27 de novembro, de 08:00 a 18:00h. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto púclico, ás 08:00h.
8 – Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 (un) nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e no n delegable e non se admitirá o voto por correo.
9 – Teñen dereito ao voto o pai en anai ou, se é o caso, o titor/a legal dos alumnos.
10 – Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11 – A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúblidas e reclamacións qu ese poidan formular.