O pasado día 24 de Outubro, na biblioteca da escola, comezamos as contadas familiares. Nesta ocasión viunos a visitar Ana, a mamá de Lara de 5ºA de primaria, e como andaba moi preto o samaín, trouxonos a cultura celta onde nacen as tradicións dos calacús encendidos, as visitas dos espíritus bos e malos e a chegada do frío tamén. Prendemos a lareira e o carón do calorciño coñecemos a historia de CARABUÑAS o bruxo que nunca corta as uñas e lle gusta ir cazar nenos e nenas a aldea, seica lle gustan todos, mais este bruxo o que tiña era falta de memoria e Branca, a protagonista do conto, aseguraba que se camaba CARAMUÑAS, pero por se acaso os nenos e nenas do Humberto Juanes buscamoslle un nome por se o vovía perder.
Como quedaron con ganas de máis, viu o GATO LAMBÓN visitanos, cunha versión moi actual e cercana do popular conto, que trascorre dende o parking de terra o colexio, este gato lambón vain comendo dende o carteiro, os paxaros, mesmo os nenos e nenas de Nigrán o son de:
«bom bom bom son o gato lambón»
Grazas que o noso intrépido e valente conserxe Carlos encargouse de partillo a metade e rematar o conto ben rematado.
El 7 de Novembro, tamen disfrutamos de tres libros con fin de engaiolar os medos no alumnado coa mamá de Arwen. A través da xogo e a rima, transformou aos rapaces neses seres asociados a Samaín que en moitos dos casos lles dan medo. Cunha ollada afectuosa e buleira foron saíndo a un escenario improvisado moitos rapaces disfrazados nun intre de vampiros, arañas, esqueletos…
Logo, a través do seu conte propio, mostrounos a unha bruxa mala qu eacabou en anacos na sala para o abraio dos nenos, logo de inzar nas súas mentes o valor da amizade e de nonrenderse ante as adversidades. Todo envolto nunha atmósfera divertida a través da cantiga «Celebra Samaín»
Por último, os mais ousados quedaron para participar no conto «Como mola a túa vasoira» no conto que cinco personaxes (unha bruxa, un gato, un can, un loro e unha rá) despediron a sesión cun conto cheo de belísimas ilustracións a prol de compartir como a súa máxima.
Para rematar, os rapaces introduciron os seus medos na caixa de medos feita para a ocasión e leron en voz alta o feitizo e así despedir para sempre os medos das súas preciosas mentes.