FESTA DE NADAL

O vindeiro 21 de decembro, o último día da escola antes do Nadal, os nenos gozarán da festa de Nadal que, como todos os anos, organiza a Anpa. Unha festa deseñada por e para os nenos e que ten lugar durante o horario escolar, antes de recoller as notas.

E que imos facer?

Espectáculo: Tanto os nenos de infantil como os de primaria gozarán dun espectáculo narrativo moi divertido chamado «COA PORTA ABERTA» e representado por «BeSo Teatro» no Auditorio de Nigrán. Durante a mañá faranse dous pases, primeiro para os máis novos (infantil, 1º e 2º) e máis tarde o pase será para os maiores (3º, 4º, 5º e 6º)

Chocolate: como é habitual nestas datas, a Anpa invitará a todos os nenos a un chocolate con rosca, un almorzo moi especial para despedir o trimestre dun xeito moi doce.

Elfos: Os máis novos da escola (infantil) recibirán a visita duns simpáticos Elfos que lles traerán unha carta moi especial e un fermoso agasallo para gozar na clase.

NÓS ESPERAMOS QUE TODOS OS NENOS GOZEN MOITISIMO DESTE DÍA!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s