O pasado 21 de Decembro, último día de clase do ano, os nenos e nenas do cole desfrutaron moito da festa que dende o ANPA deseñamos para eles.
A mañá comezou cun espectáculo de “BeSo teatro” no auditorio. O título do espectáculo foi “coa porta aberta” e todos os rapaces dende infantil ata 6º de primaria puideron desfrutalo, eles foron en dúas quendas, primeiro tocoulles os máis pequeniños.
Unha vez rematada a función puideron recuperar forzas cun riquísimo chocolate con rosca, que todo hai que dicir, encantoulles!
Logo foi a quenda dos maiores, de 3º a 6º de primaria, eles empezaron tomando o chocolate con rosca e despois tocoulles ir ao auditorio a ver o espectáculo.
Mentres os cursos de infantil foron achegándose a biblioteca do cole onde uns elfos moi especiais léronlles unha carta “moi pequeniña” e deixáronlles uns fermosos agasallos para as súas aulas e uns carameliños.
Foi un día cheo de actividade e ledicia por a chegada das festas do Nadal.
Gracias a todos os pais e nais que nos axudasteis
a que todo saira tan ben.