Como xa comentamos na derradeira asamblea celebrada no pasado mes de Febreiro,o ANPA deixará de xestionar os grupos de watsapp a partir do 15 de Maio. Enviando desde esa data as comunicacións a través da aplicación TokApp School.
COMO DESCARGAR LA APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL?
Descargar a aplicación é moi sinxelo, sigue as instrucións neste enlace
ou si prefires podes ver o seguinte video.
QUÉ COSTE TEN PARA AS FAMILIAS DESCARGARSE A APLICACIÓN?
Para as familias esta aplicación é DE BALDE.
PODEREI COMUNICARME CO ANPA A TRAVÉS DA APLICACIÓN?
Si, tes a opción de poder enviarnos un correo electrónico a través da aplicación
POR QUÉ O ANPA EMPEZARÁ A UTILIZAR TOKAPP SCHOOL?
A nosa prioridade dentro do ANPA é ter ben informadas as familias socias de todo aquelo que estamos a facer dentro do colexio, por iso buscamos un sistema que nos permita informar do xeito mais preciso, respetando a Lei de Protección de Datos e evitando a morea de comentarios que se xeneran nos grupos de Watsapp.
POR QUÉ AGORA ESTE CAMBIO?
- Para adaptarnos a Lei de Proteción de Datos
- Por que detectamos que algúns grupos non funcionan todo o ben que desexaríamos, xa que non se utilizan só para recibir notificacións do colexio ( fin para o que foron creados) senon tamén para conversacións de clase que en algunhos casos xeraron problemas.
- Porque os grupos de whatsapp implican que os números de teléfono de cada familia estén visibles, motivo por o cal moitas familias non se senten agusto.
- Porque podemos delimitar mais a quen enviamos as mensaxes, evitando de esta maneira recibir información allea os nosos intereses
SE NON SON SOCIO/A DO ANPA TAMÉN RECIBIREI AS NOTIFICACIÓNS?
No, xa que como ANPA só dispoñemos dos datos dos socios e só podemos vincular estes datos a nosa aplicación, por tanto só podemos enviar mensaxes a estas familias.
PERO…
Se te descargas a aplicación e te suscribes o noso TABOLEIRO DE ANUNCIOS poderás do mesmo xeito enterarte das actividades que facemos para todo o cole, como festas, charlas, contacontos….
SEGUIRÁN FUNCIONANDO OS GRUPOS DE WHATSAPP?
Cada clase decidirá se quere, que o grupo de whatsapp siga activo ou non, pero o ANPA deixará de xestionar as notificacións a través de estos grupos.
É dicir, a partir do 15 de Maio todos os avisos e notas faránse a través da aplicación Tokapp School.