Desde a Anpa, durante este curso tan atípico, queremos seguir ofrecendo ó servizo de madrugadores a aquelas familias que necesiten conciliar a sua vida laboral e familiar.
Non obstante, este servizo sufrirá modificacións para poder levalo a cabo co menor risco posible e adaptándolo ó protocolo establecido polo centro.
CONDICIÓNS DO SERVIZO MADRUGADORES
- É IMPRESCINDIBLE FACERSE SOCIO/A DA ANPA para acceder a este servizo e ter pagado o seguro (8 €/curso) , condición de obrigado cumprimento en tódolos casos (como facerme socio) .
- Durante este curso eliminase a posibilidades de acceder ó servizo de maneira esporádica.
- Este servizo dará comenzo dende o primeiro día de outubro
- De 8:00 a 9:00 o alumnado pode chegar cando o estime necesario.
- O prezo do servizo será 25€/mes
- O prezo do servizo mensual será igual todos os meses independentemente do número de días lectivos.
- As cuotas mensuais serán cargadas (no número de conta indicado polo solicitante) na primeira quincena do mes seguinte.
- No caso de ir dous irmáns, o segundo irmán pagará o 50% do importe.
- Os pagos mensuais serán domiciliados no número de conta indicado. Os prezos poderían sufrir modificacións se non se alcanzase o quorum mínimo do servizo.
- Deberase comunicar por escrito a baixa no servizo cun mínimo de 15 días e indicando a data efectiva.
TODAS AS CONDICIONS ARRIBA INDICADAS PODERÁN SUFRIR MODIFICACIÓNS CÓ OBXECTIVO DE MANTER O SERVIZO DURANTE ESTE CURSO