ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23
Aquí tedes a oferta provisional de actividades extraescolares do curso 2022-23 (pendente de aprobación en Consello Escolar). Hai moitas novidades! Desexamos que vos guste. Lembrade que todas as actividades, agás Surf e Skate, se realizan nas instalacións do centro en horario único de 16:00 a 17:30. Ademais, para facer ximnasia acrobática é necesario pagar o seguro da ANPA (máis información na descrición da actividade).
NORMAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
- É Imprescindible facerse socio/a da ANPA para participar en calquera das actividades extraescolares. (¿cómo facerme socio?)
- O programa de actividades é provisional e dependerá de que se cubran os mínimos de participantes por actividade.
- As actividades comezarán o primeiro día de outubro e rematarán o derradeiro día de maio, respectando os festivos da escola.
- Poderán darse de alta nas actividades extraescolares durante todo o curso sempre e cando haxa prazas dispoñibles. Para o servizo de Zona Relax non podemos dar tanta flexibilidade.
- O prezo de cada actividade confirmarase no comezo do curso. Estarán entre 15€ e 20€ por actividade e mes (agás Surf e Skate).
- As actividades deben ser aboadas na primeira semana de cada mes da forma que indique cada monitor/a.
- A ANPA non adiantará cartos en ningún caso.
- O feito de non aboar puntualmente a cota da actividade, suspende automaticamente a continuidade do alumno ata que a situación sexa regularizada.
- As baixas deberán ser comunicadas á ANPA, non ós monitores, por correo electrónico (anpahumbertojuanes@gmail.com) cun mínimo de 15 días de antelación. En caso contrario cobrarase o período completo.
- A ANPA resérvase o dereito a suspender unha actividade se así o considera oportuno, avisando con tempo dabondo e comprometéndose a que os cartos sexan devoltos se así fose necesario.
DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES
DEPORTES DE RAQUETA (Tenis, Bádminton e Padel)
Iniciación a través de tarefas de carácter técnico individual e acción de xogos por parellas. As sesións desenvólvense a través de xogos para a mellora das habilidades básicas específicas do pádel, tenis e bádminton (Golpeos, pases, recepcións, saques…) e a comprensión das normas esenciais.
Ratio dos grupos: máximo de 12 alumnos por profesor.
As actividades realizaranse no espazo exterior na medida do posible.
EMPRESA: Recreactiva S.L
Idade: Primaria
Cota: 15€/mes (unha actividade deportiva), 30€/mes (dúas actividades deportivas), 40€/mes (tres actividades deportivas) e 45 €/mes (catro actividades deportivas)
Son consideradas actividades deportivas: deportes de raqueta, multideporte, pre-deporte e iniciación ao atletismo.
XOGANDO CO INGLÉS
En Active Projects, desenvolvemos Programas de Aprendizaxe do INGLÉS a través de actividades lúdicas, motivadoras para o alumnado utilizando diferentes ferramentas coma a gamificación, o uso das
novas tecnoloxías adaptadas (iPads, iPhone, aplicacións, vídeo, etc), creación de entornas naturais de comunicación, a xestión visual nas actividades,… para que o alumno mellore sobre todo, a
comprensión auditiva (que entendan) e a expresión oral (que falen) dun xeito natural, adaptado e guiado.
Para lograr este obxectivo, as nosas actividades baséanse nos estándares internacionais de Cambridge, adaptadas a cada nivel. Esta adaptación e creación de material é propia de Active Projects o que nos permite, utilizar cancións, películas de debuxos animados, xogos, etc, non as
actividades aburridas de gramática “corta – pega” de toda a vida. Levamos o aprendizaxe o “mundo” dos alumnos.
É fundamental resaltar, que nesta “nova normalidade” pomos en marcha este proceso de aprendizaxe, nun entorno de seguridade coas medidas concretas de protección e prevención, tanto individuais como
de grupo, fronte o contaxio do COVID-19. Para isto está a disposición o noso “Plan de adaptación en actividades de educación non regrada á la situación COVID-19” así coma a súa Guía explicativa.
EMPRESA: Active Projects
Idade mínima: Todas as idades
Cota: 20€/mes
MÚSICA
A escola de música de Sabarís ofrece esta actividade para os luns, de 16:00 a 17:00, en dous grupos diferenciados por idades:
- Infantil: a través de ritmos, xogos e cancións preténdese agudizar o ouvido, aportar estabilidade emocional, coordinación, adquirir habilidades lingüísticas… A base musical para todo elo será o piano. Pretende ser unha actividade divertida e amena para potenciar o amor pola música.
- Primaria: violín, viola, violoncelo, bajo.
EMPRESA: Escola de música de Sabarís
Idade mínima: 3 anos
Cota: 20€/mes
SURF
Actividade impartida por DACSS Formación
O centro de educación e deportivo Dacss naceu coa idea de dar unha educación integral ó alumno, tanto deportivo coma no intelectual. Tamén fomentamos outros valores como o respecto ó medio, a socialización, a confraternidade e o xogo limpo.
As clases estarán compostas dunha duración de 1.30h con traslado a parte, ida e volta do centro de educación ás instalacións de Dacss (con 15′ de recollida e 15′ de regreso).
A metodoloxía dunha sesión consistirá en:
- 5 min parte de explicación de conceptos técnicos
- 10 min quentamento
- 5 min explicación de exercicios prácticos
- 45 min de sesión no medio
- 10 min de volta a calma
Material contido para a práctica de surf, traxe de surf, táboa softboard, cinto e cera. Os alumnos traerán traxe de baño axustado, sandalias, xabón, crema solar e toalla.
En Dacss lévase o control individualizado do alumno, os grupos serán de 4 a 6 nenos dependendo da idade e o nivel.
Divídense en grados, segundo os niveis de iniciación, intermedio o avanzados.
Idade: primaria
Cotas: 45€ pago mensual
IMPORTANTE: É necesario facer un único pago de 10€, en concepto de seguro, que se aboará a empresa que presta a actividade. A actividade vai dende outubro a xuño (incluído) e haberá a opción de recuperar, os fins de semana, todas as clases perdidas por coincidir con festivos. Transporte opcional 5€.
MULTIDEPORTE
Trátase da aproximación as actividades deportivas mediante xogos de psicomotricidade, xogos predeportivos adaptados e deportes alternativos. Conceptos básicos para o desenvolvemento de aspectos espaciais, temporais, coordinativos… e capacidades básicas cognitivas, sociais, afectivas e motoras. Fomenta o traballo en equipo, o respecto e as regras a través de tarefas moi lúdicas e contidos moi diversificados para que exploren ó máximo as diferentes alternativas de movemento deportivo.
Ratio dos grupos de 12 alumnos por profesor.
As actividades realizaranse no espazo exterior na medida do posible.
EMPRESA: Recreactiva SL
Idade: Primaria
Cota: 15€/mes (unha actividade deportiva), 30€/mes (dúas actividades deportivas), 40€/mes (tres actividades deportivas) e 45 €/mes (catro actividades deportivas)
Son consideradas actividades deportivas: deportes de raqueta, multideporte, pre-deporte e iniciación ao atletismo.
COMIC E ILUSTRACIÓN
A finalidade do curso é que o alumno aprenda a desenvolver a súa creatividade e a mellorar o seu debuxo, creando os seus propios mundos en páxinas de cómic, ilustracións, contos, etc. Abarcará desde o deseño de personaxes e fondos ata a elaboración final dun cómic
Cada día a clase constará de dúas partes: unha parte común teórica na que se propoñerán novos coñecementos e exercicios; outra parte práctica na que se fará un seguimento da evolución das habilidades de cada alumno, corrixindo os seus debuxos en base ao nivel que este posúa e vaia desenvolvendo.
Materiais que achegará o alumno:
Un caderno con páxinas en branco, grosor mínimo de 90 gr., lapis de debuxo de dobre
punta vermella/azul, lapis normal HB, goma e afialapis.
PROFESORA: Coral Martínez
Idade mínima: 3º primaria
Cota: 18€/mes
CIRCO-MALABARES
Trátase dun obradoiro para achegar técnicas circenses os rapaces a un nivel básico, amosándolles novas formas de practicar exercicio. Tamén ensina ós nenos e nenas a relacionarse corporalmente uns cos outros. A través de xogos e dinámicas, ensinase a preparar o corpo para práctica do exercicio, fanse movementos básicos acrobáticos, equilibrios básicos acrobáticos, exercicios de coordinación e descoordinación, disociación de extremidades, lanzamento e recollida de obxectos, diábolo e pao chino, hulahoop, zancos…
EMPRESA: Compañía ASACOCIRCO
Idade: infantil e primaria
Cota: 20 €/mes
INICIACIÓN AO ATLETISMO
Iniciación ao atletismo a través de xogos pre deportivos e tarefas para a
adquisición das destrezas básicas e coñecementos reguladores das diferentes disciplinas do Atletismo:
carreiras de velocidade, carreiras de longa distancia, saltos e lanzamentos.
Ratio dos grupos de 12 alumnos por profesor.
As actividades realizaranse no espazo exterior na medida do posible.
EMPRESA: Recreactiva
Idade: Primaria
Cota: 15€/mes (unHa actividade deportiva), 30€/mes (dúas actividades deportivas), 40€/mes (tres actividades deportivas) e 45 €/mes (catro actividades deportivas)
Son consideradas actividades deportivas: deportes de raqueta, multideporte, pre-deporte e iniciación ao atletismo.
XIMNASIA ACROBÁTICA
Para facer este deporte é preciso forza e axilidade, pódese realizar no chan, nunha barra ou no potro. Nesta actividade lúdica deportiva poténcianse capacidades motoras e cognitivas ademais da flexibilidade, autoconfianza e o esforzo.
Idade mínima: primaria
Cota: 20 €/mes
Observacións: esta actividade está excluída do seguro escolar por ser considerada de maior risco para o alumnado, por conseguinte, é obrigatorio ter pagado o SEGURO da ANPA (8€/ano)