Xa podedes facervos socios da ANPA para o curso 2022-23! Estes son os pasos:
- Encher o cuestionario de alta (leva un minuto!)
- Abonar 18 euros nesta conta: ES44 2100 4790 4302 0002 2923
- Mandarnos o resguardo do ingreso a anpahumbertojuanes@gmail.com
Tamén podes achegarnos a tua ficha presencialmente todos os xoves de 9:15 a 10:30 ó local da ANPA (ó lado da Secretaría do centro).
SEGURO ESCOLAR DA ANPA
O seguro escolar da ANPA é un seguro complementario e obrigatorio nos seguintes casos:
- Para asistir ao servizo de madrugadores, pois o seguro escolar non cubre o horario anterior ás 9:00.
- Para participar na actividade de Ximnasia acrobática, pois esta actividade está excluida do seguro escolar por ser considerada de maior risco para o alumnado.
- Para os rapaces e rapazas doutros centros, por non estaren incluidos no seguro escolar do centro.
- Ten un custo de 8 euros anuais e podedes abonalo facendo un ingreso na nosa conta: ES44 2100 4790 4302 0002 2923
IMPORTANTE
As familias que adquiren algún tipo de débeda económica durante o curso nalgún dos servizos xestionados pola ANPA, deben solucionar o problema ao comezo do curso seguinte para poder seguir sendo socios e utilizar/participar nas diferentes actividades ou servizos ofrecidos.